Skip to content

Manual da forxa no que poderás aprender máis sobre o seu funcionamento dun xeito práctico

License

Notifications You must be signed in to change notification settings

ForxaCoLab/manual

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

9604bff · Sep 5, 2017

History

47 Commits
Dec 1, 2016
Oct 28, 2016
Sep 5, 2017
Dec 1, 2016
Nov 27, 2016
Dec 1, 2016
Nov 27, 2016
Nov 27, 2016
Nov 27, 2016
Nov 27, 2016
Nov 3, 2016

Repository files navigation

Manual da Forxa

Resumo

Neste repositorio poderás aprender máis sobre o funcionamento da forxa dun xeito práctico. A información do manual irase actualizando segundo a forxa vaia crecendo. A información básica abordará as cuestións elementais para o seu uso básico, como:

A forxa

A forxa está deseñada usando un software chamado Gogs, que ben sendo, segundo os seus desenvolvedores un servicio Git sinxelo de usar. Podes consultar a documentación orixinal de Gogs e descargalo para a súa instalación no teu propio servidor nesta ligazón. A nosa adaptación é tamén de código aberto e podes contribuir ao seu desenvolvemento libremente no seu repositorio público: https://github.com/ForxaCoLab/forxa. Cada repositorio desta forxa terá un clon actualizado en tempo real en Github, para darlle visibilidade aos proxectos e garantir a sostenibilidade da forxa.

Gogs

Gogs é moi similar á ferramenta Git máis usada pola comunidade de desenvolvedores de software de código aberto, Github, con máis de 15 millóns de usuarios e 35 millóns de repositorios. Ainda que inicialmente foi deseñada como unha ferramenta para crear software Github (e polo tanto Gogs e a nosa forxa) pódese usar para moitas outras cousas, algunhas delas descritas na entrada da Wikipedia, outros usos de Github.

Git. Software e non solo...

Git, que foi deseñado por Linus Torvalds, a persoa que iniciou o deseño do sistema operativo Linux, é unha ferramenta de control de versións que nos permite xerar contidos colaborativamente, mantendo un control total sobre as distintas achegas que se fan e permitindo unha colaboración transparente e eficaz. Ainda que inicialmente foi deseñado como unha ferramenta para a creación de código informático Git pode usarse para moito máis, como por exemplo facer unha guía de viaxes, para compoñer unha peza musical, para compartir e modificar recetas culinarias ou para crear documentos legais, como ten feito Twitter ou a Administración Obama, compartindo en Github o orzamento do gabinete presidencial.

README.md, este arquivo

Este arquivo chámase README.md. É o arquivo inicial de cada un dos repositorios que se creen na forxa. Se queres que o contido deste arquivo apareza na pantalla principal ao seleccionar o teu repositorio na interfaz o arquivo deberá chamarse README.md. "READ ME" é a traducción ao inglés de "leeme", polo que sabemos xa polo seu nome que será un arquivo de lectura recomendada ou incluso obligatorio para comprender o alcance ou contidos do repositorio. Os arquivos ca extensión "md" son arquivos Markdown, unha linguaxe que se usa para darlle formato aos arquivos de texto dun xeito sinxelo e compatible ca linguaxe HTML, o estandard na web. Podes saber máis sobre a linguaxe Markdown nesta ligazón. Existen varias versións da linguaxe Markdown, ou sintaxis, pero nós usaremos a sintaxis que usa Github e que podes consultar nesta páxina: https://guides.github.com/features/mastering-markdown/

About

Manual da forxa no que poderás aprender máis sobre o seu funcionamento dun xeito práctico

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published