Skip to content

Sección XII – Diferentes formas de especificar unha frase

andrea.cascallar edited this page Jul 11, 2018 · 1 revision

Xa cubrimos gran parte da funcionalidade básica de SimpleNLG-gl. Unha cousa que este tutorial mostrou é que hai numerosas formas de especificar unha frase.

Para facer esto un pouco máis explícito, a continuación móstranse algunhas das formas nas que podemos crear a oración "María persegue un mono". Pódense definir todos os compoñentes da frase cando se crea unha instancia da mesma (coma no exemplo 1). Ou pode crearse primeiro a instancia e despois engadir os compoñentes un a un (coma no exemplo 2). Alternativamente, os compoñentes dunha oración poden ser frases (coma no exemplo 3). Ou se pode ter unha combinación de todas estas diferentes sintaxes (como nos exemplos 4-5).

1. SPhraseSpec p = nlgFactory.createClause("María", "perseguir", "un mono");
2. SPhraseSpec p = nlgFactory.createClause();
p.setSubject("María");
p.setVerb("perseguir");
p.setObject("un mono");
3. NPPhraseSpec subj = nlgFactory.createNounPhrase("María");
NPPhraseSpec obj = nlgFactory.createNounPhrase("un", "mono");
VPPhraseSpec verb = nlgFactory.createVerbPhrase("perseguir");
SPhraseSpec p = nlgFactory.createClause(subj, verb, obj);
4. SPhraseSpec p = nlgFactory.createClause();
NPPhraseSpec obj = nlgFactory.createNounPhrase("un", "mono");
p.setSubject("María");
p.setVerb("perseguir");
p.setObject(obj);
5. SPhraseSpec p = nlgFactory.createClause("María", "perseguir", nlgFactory.createNounPhrase("un", "mono"));