-
Notifications
You must be signed in to change notification settings - Fork 1
Sección VII – Que son os complementos
Para SimpleNLG-gl, un complemento é calquera elemento que vai despois do verbo. Polo tanto, cando un elemento é etiquetado como complemento, SimpleNLG-gl colócao detrás do verbo [1]. Se se especifica un complemento directo, esta libraría colocarao despois do verbo e do complemento indirecto. Nas seguintes oracións podemos ver exemplos de complementos en cursiva:
- María é feliz.
- María escribiu a carta rapidamente.
- María viu que as súas vacacións xa remataran.
As palabras e frases en cursiva dos exemplos anteriores son todas partes diferentes do discurso. No exemplo 1 é unha frase adxectiva, no exemplo 2 é un adverbio e no exemplo 3 é una ‘cláusula-que’. Os textos teñen unha cousa en común: son complementos e aparecen tralo verbo. SimpleNLG-gl inclúe coñecemento relativo a suxeitos, verbos e complementos directos. Con respecto a este último, SimpleNLG-gl introduce o concepto de complemento, polo tanto pódense xerar frases que vaian a continuación do verbo, sen embargo, este é moi limitado no referido a frases adxectivas, frases adverbiais, ‘cláusulas-que’ ou outras partes do discurso que poden aparecer despois do verbo. Na Táboa 2 móstranse os múltiples tipos de frases que abarcan os complementos.
Parte do discurso | Tipo de frase | Exemplos |
---|---|---|
Complemento | Frase preposicional | "no parque" |
Cláusula-que | "que Sara ve a Xoan" | |
Frase adxectiva | "encantado de coñecerte" | |
Frase adverbial | "moi rápido" | |
Táboa 2: Frases preposicionais, `cláusulas-que´, frases adxectivas e frases adverbiais que teñen lugar ao final dunha oración considéranse complementos. |
Os complementos poden ser engadidos ás oracións mediante o método addComplement
. Por exemplo, con este suxeito, complemento directo e verbo:
p.setSubject("María");
p.setVerb("perseguir");
p.setObject("un mono");
Podemos engadir calquera tipo de complemento:
p.addComplement("moi rápido"); // Frase adverbial, pasada como unha cadena
p.addComplement("a pesar do seu esgotamento"); // Frase preposicional
A oración resultante é a seguinte:
María persegue un mono moi rápido a pesar do seu esgotamento.
Hai que ter en conta que solo as instancias do tipo SPhaseSpec
poden ter complementos. Os substantivos e os verbos teñen modificadores, que serán obxecto de discusión a continuación.
[1] Isto sempre sucede, incluso engadindo como complemento unha cadea sen significado (por exemplo, "shabadoo"), SimpleNLG-gl engadirao a continuación do verbo.