Skip to content

Sección VI – Verbos

andrea.cascallar edited this page Jul 11, 2018 · 1 revision

Os verbos deben ser especificados en forma infinitiva. Sen embargo, xeralmente tamén son aceptadas as formas conxugadas. Por exemplo:

	p.setVerb("é");

é equivalente a:

    p.setVerb("ser");

Os verbos en SimpleNLG poden ter un dos tres diferentes tempos: pasado, presente e futuro. O seguinte código produce a oración “María persegue un mono”.

    SPhraseSpec p = nlgFactory.createClause();
    p.setSubject("María");
    p.setVerb("perseguir");
    p.setObject("un mono");

Engadindo a seguinte liña, xérase a oración en pasado: p.setFeature(Feature.TENSE, Tense.PAST);

Obtendo o seguinte resultado:

    María perseguiu un mono.

Se María está ocupada con outras cosas e ten que aprazar o seu exercicio, substituíndo a liña anterior pola seguinte:

    p.setFeature(Feature.TENSE, Tense.FUTURE);

Obtendo a oración en futuro: María perseguirá un mono.

Para xerar a forma negativa da oración, engádese a seguinte liña:

    p.setFeature(Feature.NEGATED, true);

Que cambiará a frase resultante a:

    María non perseguirá un mono.

SimpleNLG-gl pode xerar preguntas simples de si / non. Por exemplo:

    p.setSubject("María");
    p.setVerb("perseguir");
    p.setObject("un mono");
    p.setFeature(Feature.INTERROGATIVE_TYPE, InterrogativeType.YES_NO);

Xera a seguinte oración:

    Persegue María un mono?

SimpleNLG-gl tamén pode xerar preguntas sinxelas. Por exemplo: p.setSubject("María"); p.setVerb("perseguir"); p.setFeature(Feature.INTERROGATIVE_TYPE, InterrogativeType.WHO_OBJECT);

Xerará:

    A quen persegue María?

→ Para ver máis exemplos de preguntas, ver testsrc/InterrogativeTest.java.

As características TENSE, NEGATED y INTERROGATIVE_TYPE son exemplos que poden ser establecidos nunha SPhraseSpec. Moitas outras tamén están permitidas, como MODAL, PASSIVE, PERFECT, e PROGRESSIVE. A información detallada sobre as características permitidas proporciónase na documentación da API de SimpleNLG-gl.

→ Para ver máis exemplos sobre verbos, ver testsrc/VerbPhraseTest.java.