-
Notifications
You must be signed in to change notification settings - Fork 1
Sección IX – Modificadores vs. complementos
Como se mostra na [Táboa 1] (Sección III – Primeiros pasos), hai varios tipos diferentes de frase en SimpleNLG-gl: frases nominais (representadas pola clase NPPhraseSpec
), cláusulas ou oracións completas (representadas por SPhraseSpec
), frases preposicionais (representadas por la clase PPPhraseSpec
), frases adxectivas e frases adverbiais. Estas dúas últimas son xeradas como modificadores (cando modifican unha palabra/frase específica) e complementos (cando están situadas despois do verbo).
SimpleNLG-gl distingue entre tres tipos de modificadores: frontais (que van ao principio dunha frase), pre-modificadores (que van inmediatamente antes do substantivo principal ou verbo dunha frase) e post-modificadores (que van ao final dunha frase). A posición de un modificado pode ser especificada directamente usando addFrontModifier()
, addPremodifier()
ou addPostmodifier()
. Se se utiliza o addModifier()
máis xeral, SimpleNLG-gl decidirá onde colocar o modificador.
Os modificadores pre e post poden utilizarse en todo tipo de frases. Os modificadores frontais solo se poden utilizar en SPhraseSpec
.