Skip to content

Latest commit

 

History

History
53 lines (40 loc) · 4.53 KB

README.gl.md

File metadata and controls

53 lines (40 loc) · 4.53 KB

SimpleNLG-gl

SimpleNLG-gl é unha API de Java deseñada para facilitar a xeración de textos en linguaxe natural en galego. Nomeadamente, facilita as tarefas de realización lingüística en galego nos sistemas de xeración de linguaxe natural.

SimpleNLG-gl é unha adaptación trilingüe inglés /español / galego da libraría SimpleNLG v4.4.8, seguindo a estrutura empregada en SimpleNLG-EnFr. A libraría SimpleNLG orixinal foi desenvolvida para inglés no Department of Computing Science da University of Aberdeen. SimpleNLG-EnFr é a súa adaptación bilingüe Inglés-Francés, desenvolvida na Université de Montreal.

SimpleNLG-gl foi desenvolvida e está a ser mantida por investigadoras/es do Grupo de Sistemas Intelixentes do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela, no marco dos proxectos TIN2014-56633-C3-1-R e TIN2017-84796-C2-1-R, financiados polo MINECO e os Fondos FEDER. Contou tamén co apoio (2017-2018) da Rede "Tecnoloxías e Análise de Datos Lingüísticos (TECANDALI)" (Ref. 2016-PG080).

Para comezar

Para obter información sobre como usar SimpleNLG-gl, consulta a Wiki e a API.

Licencia SimpleNLG-gl

Ao estar baseada en SimpleNLG, SimpleNLG-EnFr e SimpleNLG-ES, SimpleNLG-gl está licenciada baixo os termos e condicións da Mozilla Public License (MPL) Version 1.1.

O lexicón empregado en SimpleNLG-gl está xerado a partir do dicionario de FreeLing que está licenciado baixo os termos e condicións da Lesser General Public License For Linguistic Resources.

Cita

A libraría SimpleNLG-GL foi presentada na "11th International Conference on Natural Language Generation (INLG2017)", celebrada en Tilburg (5-8 novembro 2018). Se utilizas SimpleNLG-GL nalgún proxecto, agradecemos que cites o traballo onde se describe:

Andrea Cascallar-Fuentes, Alejandro Ramos-Soto, and Alberto Bugarín Diz. 2018. Adapting SimpleNLG to Galician language. In Proceedings of the 11th International Conference on Natural Language Generation, pages 67–72, Tilburg University, The Netherlands. Association for Computational Linguistics. DOI: 10.18653/v1/W18-6507.

@inproceedings{cascallar-fuentes-etal-2018-adapting,
    title = "Adapting {S}imple{NLG} to {G}alician language",
    author = "Cascallar-Fuentes, Andrea  and
      Ramos-Soto, Alejandro  and
      Bugar{\'\i}n Diz, Alberto",
    booktitle = "Proceedings of the 11th International Conference on Natural Language Generation",
    month = nov,
    year = "2018",
    address = "Tilburg University, The Netherlands",
    publisher = "Association for Computational Linguistics",
    url = "https://aclanthology.org/W18-6507",
    doi = "10.18653/v1/W18-6507",
    pages = "67--72",
    abstract = "In this paper, we describe SimpleNLG-GL, an adaptation of the linguistic realisation SimpleNLG library for the Galician language. This implementation is derived from SimpleNLG-ES, the English-Spanish version of this library. It has been tested using a battery of examples which covers the most common rules for Galician.",
}

SimpleNLG

Para información sobre SimpleNLG, visita a súa páxina de Github ou a [lista de discusión de SimpleNLG] (https://groups.google.com/forum/#!forum/simplenlg) para máis detalles.

Se tes outras preguntas sobre SimpleNLG, ponte en contacto con Ehud Reiter (The University of Aberdeen).

SimpleNLG-EnFr

A versión actual de SimpleNLG-EnFr é V1.1. SimpleNLG-EnFr pode producir textos en inglés e francés no mesmo documento. A parte francesa cubre practicamente toda a gramática recollida en Le français fondamental (1er degré) e inclúe un lexicón con 3871 entradas que cubre a escala ortográfica Dubois Buyse. Para máis información, visita a súa páxina de GitHub.